Cargando...

DESENVOLVEMENTO DE BUQUE FACTORÍA PARA O CULTIVO ACUÍCOLA DO MEXILÓN (ITC-20161198)







ECOMYTILUS é un proxecto integrado de desenvolvemento experimental e de carácter estratéxico no que o obxetivo principal é o desenrolo dun prototipo funcional de buque factoría para dar servizo ao sector do cultivo acuícola do mexilón, unindo nun só barco os equipos necesarios para a recollida do molusco e para o seu procesamento a bordo.




O buque permitirá ao productor procesar-lo mexilón sen necesidade de ter que utilizar instalacións na terra e, polo tanto, aumenta-la súa participación na cadena de valor. Da mesma forma, permitirá o procesado do mexilón en zonas onde as instalacións terrestres non estén presentes, ampliando así a vida útil do producto.

Para a elaboración do proxecto é necesario realizar un deseño específico de planta de tratamento de mexilón pensada para a súa utilización nunha plataforma móbil tendo en conta os retos que implican as restriccións do espazo dentro do barco, o gasto enerxético do proceso e o tratamento de efluente xerado. Se desenrolará e integrará tamén un sistema de control e supervisión xeral da planta que permitirá realizar a maioría das tareas de forma automática liberando traballo á tripulación do barco.

Este proxecto foi promovido polo astillero NODOSA S.L, líder do proxecto, xunto co fabricante de maquinaria do sector de procesado de mexilón ALFOGAR S.L. Estas dúas empresas levarán a cabo a construcción e integración do prototipo do barco factoría e da maquinaria necesaria para o seu procesamento. O consorcio contará tamén ca empresa GEFICO ENTERPRISE S.L, especialista en tratamento de augas, que desenrolará un equipo específico de tratamento de efluente. As pruebas de validación do prototipo serán realizadas a cargo de BARLOVENTO S.A. nas bateas nas que actualmente realiza actividades de explotación, conseguindo de este modo comprobar o rendemento do prototipo nun entorno real de produción.

O proxecto conta ademais ca participación de dous centros tecnolóxicos referentes en Galicia cada un no seu sector. AIMEN participará no desenrolo de sistemas avanzados de control centralizado, supervisión e desenrolo de SCADA do barco, así como en sistemas de detección mediante visión artificial. Por outro lado, a UDC realizará labores de análise e selección de tratamento de efluente xerado na actividade do barco. As empresas OTTO INGENIERIA Y MEDIOAMBIENTE e NODOSAFER S.L. aportarán a súa experiencia no deseño, enxeñería e fabricación del buque factoría, así como da planta de procesado de mexilón.

Entidades financiadoras:

Membros do consorcio:

Subcontratacións do proxecto: