Cargando...

Sobre nós

En Alfogar S.L. deseñamos, estudamos y fabricamos maquinaria e plantas de procesado de mariscos e pescados.

A nosa empresa foi creada no ano 1992, co obxetivo de aportar servizo e solucións, así como contribuir ó progreso productivo das industrias conserveras e productoras de mariscos e pescados no ámbito nacional.

Debido ao seu forte crecemento, convértese en referente mundial no sector como empresa innovadora, a través das súas liñas de actividade en I+D+I, sumadas á forte aposta pola calidade, situándonos como líder do mercado.

Desenrolamos unha constante actividade de I+D+I para responder ás necesidades e posibilidades de cada cliente, dende o traballo no mar, ata as plantas depuradoras, plantas de cocción e procesos de conservación.

As máquinas de Alfogar destacan a través da súa ampla gama de productos, coidando ata o mínimo detalle os aspectos de sinxeleza na xestión e na alta productividade, todo logrado ao largo de anos de experiencia, persoal cualificado, e constante empeño na perfección dos nosos traballos, sen deixar de ter en conta a inestimable colaboración do cliente.

Alfogar soluciona proxectos de maquinaria e liñas completas de pescado, moluscos e outros alimentos, liñas de estuchado e almacén, así como instalacións "chave en man".

As máquinas fabricadas por Alfogar, cumplen coas normas de Calidade requeridas polo mercado internacional.